[Cuando me pongo cursi no me aguanto ni yo %)]
VÉSPERA E NOITE DE SAN XOÁN
Era aínda un pouco cedo
para chamarlle á hora serán;
saín para apaña-las herbas
que festexan o verán:
alecrín, rosas e nardos,
menta, eucalipto, azar,
guiáronme co seu arrecendo
que enchía de risos o ar.
No medio das miñas pescudas
tiven fame temperá;
pexegos, cereixas, morodos
fixeron de cea frugal.
Os froitos e a auga de xuño
me deron fartura de paz.
Despois engadinlle á auga
codia de limón e mazá,
e de seguido deixeina
nun peitoril repousar.
Aínda lembraba o arrecendo
horas máis tarde: o luar
alumeaba á fogueira
que escomenzaba a abrasar;
e entón sentín este anceio
que agora che paso a contar:
desexei con tódalas forzas
que ó cabo dun rato, á mañá,
despois de lava-la cara,
despois do lume matar,
este ano funcionase
o esconxuro de deixar
un prato con fariña,
para que así, ó orballar,
se escreban nela os nomes
dos que me queiran amar.
E non me importan os nomes,
nin se hai un xi ou un ga,
eu só quero que ó ir buscalo,
aparezas ti con el na man,
dicindo cun gran soriso,
que nomes no prato non hai,
somentes arañas e insectos
que alí foron aterrar…
Ben sei que non é posible,
que ata aquí non podes chegar,
pero é o meu soño, deixa
que soñe o que quero soñar:
un soño de meu, o meu soño
desta noite de San Xoán.
[Esto es estilo manuelcurrosenrriqueciano x)]
8 comentarios