Fastídiame que todos eses esnobs que están no extranxeiro escribindo «sen enhes e sen acentos» aínda non se decataran de que o feito de que non vexan os símbolos no teclado non quere dicir que non poidan escribilos.
Si, esnobs porque seguro que pensan que lles aumenta o caché facendo evidente que están no extranxeiro. Tamén estou eu, paletos. Só tedes que cambiar a configuración do teclado a ES e pulsar a tecla que lle corresponde ó dedo meñique da man dereita, así é como sae o «eñe». Os tiles do castelán e do galego están xusto á dereita da tecla do «eñe».
E eu vivindo en 24 metros cadrados…
3 comentarios